Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

XOSÉ MANUEL LOBATO

lucerna da portela

O faro Nerio na verbena da "operación Orquestra"

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.7/5 [41 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Densa borraxeira de primavera sobre a Costa da Morte, son os espíritos dignos dos antepasados romanos os que rebrincan anoxados ante tanto indicio de envilecemento que rodea ao seu admirado Nerio. Unha ledicia sen tacha, forma parte desas alfaias naturais que o ser humano cobiza e sempre termina por enzoufar pola súa desmedida arrogancia e ansias incontroladas de trepar.

A asociación Neria está formada por persoas con nome propio, o seu presidente é un dos imputados na chamada operación Orquestra. Unha actuación resultado dunha meticulosa investigación, que rematou coa detención de varias persoas debido aos numerosos indicios criminais que recaen sobre os actualmente imputados. Estamos ante un caso que nun Estado de dereito ten connotacións obxectivas de máxima gravidade, xa que a maioría dos que reclaman o ferro candente da presunción de inocencia son políticos.

Don Xan García Pouso, pensa o político que todos son da súa condición, ou o noso refraneiro non di así? Por moito que lle desacougue a vostede, o seu presidente e membro da asociación Neria está imputado, ante este feito real semella doado e covarde ampararse na presunción de inocencia dun cargo público. Para os que non coñecemos o dereito e aceptamos as normas democráticas, estamos convencidos que o primeiro que debe facer o alcalde de Cee, o señor Ramón Vigo, é dimitir, sen máis, pura norma de aseo democrático.

Señor secretario de Neria, permítame ilustralo brevemente sobre ese creador incansable que por coherencia e dignidade cos seus principios non aceptou un merecido recoñecemento por ter que recibilo dunhas mans que permanecen baixo sospeita.

A produción de Miro Villar é libre, coa única atadura e ideoloxía do respecto, apego, amor á súa Costa da Morte, ás súas xentes e ás súas alfaias naturais. A súa extensa obra é un activo de incalculable valor para a Costa da Morte e Galicia, esta magnífica creación debe ser protexida de toda sospeita, pois as persoas pasan pero obras como as de Miro, teñen beizón de perpetuidade.

A creación deste autor non ten fronteiras, coñecida en Portugal, Irlanda, Italia, Malta...goza da liberdade e do respecto que outros degoran, o seu autor actuou na súa defensa, e tamén dos seus principios cando rexeitou a distinción do Faro Nerio, a súa conduta ennobrece e dignifica esta persoa. O tempo sempre dita sentenza, con ou sen fiscais, obras desta categoría teñen autonomía propia e están moi por encima de retrogradas ideoloxías interesadas.

Don Xan, quen é vostede para criticar unha actuación libre sen coaccións dun persoeiro desta relevancia? Está vostede en condicións de ciscar dúbidas sobre persoas que viven exclusivamente do seu traballo diario?.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS