Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

XOSÉ A. PEROZO

CARA OU CRUZ

Financiamento indefinido

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Pasaron á historia aquelas viaxes maratonianas nas que Fraga nunha mañá percorría todos os Ministerios de Madrid deixando papeis que ninguén lía. O presidente Alberto I semella máis pausado, pero dá a impresión de que vai coa mesma indefinición que levaba consigo o vello patrón. Feijóo toma o seu tempo, non ten présa por comezar a gobernar. Mentres o seus están afanados nunha profunda operación de derrubas do pasado, el escoita o presidente Zapatero e sae contento. Escoita o ministro Blanco e sae contento. Hoxe saberemos se logo de escoitar o vicepresidente Chaves tamén sairá contento e se mañá logo de departir coa ministra Salgado sairá co financiamento resolto. Polo momento non sabemos da súa postura, das cifras que poñerá enriba da mesa nin dos pasos que dará para reivindicar o 7,1% dos fondos estatais que nos corresponden ós galegos. Vai avalado pola confianza dos socialistas e nacionalistas, que non se fían da súa capacidade negociadora, pero déronlle unha marxe suficiente, impensable nas súas estratexias de oposición frontal. Do resultado destas negociacións vai depender moito, ademais do futuro económico inmediato de Galicia, a solvencia do Presidente.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS