Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

RUTH FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

noticias cotiás

Galego si, galego non

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

A polémica está servida. Uns a favor do galego, outros propoñendo un ensino máis castelanizado. E mentres as familias cubrindo unha enquisa que en moitos casos marcan ao chou, sen entender moi ben a súa repercusión, se é que a ten. Existe un conflito lingüístico entre o galego e o castelán? Mentres un sector da sociedade defende o inglés con fervor, o galego vaise murchando, meu pobre. Sabemos que ao longo da súa vida, o idioma pasou por momentos de debilidade, sendo necesario un tratamento especial para mantelo en pé. E hoxe, cando semellaba que gozaba dunha saúde aceptable, volve enfermar. De nada lle valen os que din defendelo usando só o castelán, malia a súa crenza de ter unha forte conciencia galleguista. Falándoo é como pode manter o seu status. A política lingüística da Xunta está a preocuparnos, alomenos aos que amamos o idioma. A derrogación do decreto que regula o uso desta lingua no ensino, e que provocará a segregación do alumnado en función da elección do idioma, fai doer a alma. Lembremos a propósito o poema de Celso Emilio Deitado frente ao mar, pertencente ao libro Longa noite de pedra. O poeta ourensán fala da lingoa proletaria do seu pobo e di que eu fáloa porque sí, porque me gosta,/ porque me peta e quero e dame a gaña;/ porque me sai de dentro, alá do fondo. Vai contra os pequenos mequetrefes que non teñen raíces e que non saben falar a fala nai. Reitero, con Celso Emilio, que eu tamén fáloa porque sí, porque me gosta/ e quero estar cos meus, coa xente miña,/ perto dos homes bós que sofren longo/ unha historia contada en outra lingoa.

En oposición ao PP, o PSOE compara a polémica que xurdiu arredor do galego coas teorías da evolución das especies de Darwin, alegando que os pais non teñen dereito a decidir, pois? acaso teñen parte á hora de decidir os currículos impartidos nos centros educativos? O sector da poboación aparecido baixo a etiqueta de Galicia Bilingüe ve o asunto doutro xeito, e así convocou recentemente unha manifestación en Compostela para reclamar a liberdade de elección, lonxe do que chaman imposición e co gallo de recuperar o bilingüismo tan atractivo que había, segundo manifestou a asociación. Para eles a sociedade está sometida á imposición do galego na educación, na Administración e ata na sanidade e din que as linguas non teñen os dereitos, que os teñen as persoas. Pero o certo é que só se está a consultar a unha das partes implicadas no proceso.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS