Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN

camiño do vao

Iconoclastia leiteira

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Antes de que existisen os conceptos economía, cota láctea, importación, tetrabrick, xa vivían as palabra eixada, munguir, vaca e leite. Por iso, consideramos economía natural a dos produtores -agricultores e gandeiros desde o neolítico- que superaría a anterior depredadatoria dos cazadores paleolíticos e sería máis humana e xusta que a actual mercantilista. E o problema xorde cando esta economía natural, inercial, conservadora, que vén así desde a orixe dos tempos, peta co mundo moderno. No medio rural producíronse mudacións importantísimas ao longo dos séculos, case sempre en favor da consolidación de sistemas de vida anteriores. Ou sexa, cando chegou a pataca de América ou logo o millo, supuxeron un pequeno respiro para o aforado labrego minifundusdista. Para que nada cambiase. Logo, coa desaparición do sistema foral viuse esvaído o poder dos pazos que ao deixaren de recibir beneficios do traballo campesiño, perderon o medio económico que os sustentaba, e deron en devecer inexorablemente. Así pois, o campesiño tivo un novo respiro e afiánzase un sistema autárquico onde cada labrador podía ter vinte minieidos esparexidos pola contorna da aldea e ir resistindo o paso do tempo. O sistema era o ideal para sobrevir ás crises mundiais cunha economía apenas monetarizada, pero era infame para o desenvolvemento persoal e avance económico familiar. Así, sorprendentemente, os galegos propietarios das súas terras emigraron en masa a América e logo a Europa, como facían os xornaleiros andaluces ou do sur de Italia que non tiñan onde caeren mortos. E iso non trouxo a modernización da agricultura porque non había presión compradora e as terras non traballadas polo emigrante pasaron ao ermo e abandono: o monte invade o país.

Creo que temos que ver o campesiñado galego como triunfador histórico. Acaba cos foros, queda coas terras, emigra e modernízase vitalmente fóra, e faise comerciante ou capitalista na emigración, pero non dá conducido de todo a súa vella agricultura aos sistemas de mercado moderno. Aínda que maioritariamente si. Explícome. Coren. Ovos. Marráns. Carne de vacún. Viño do Ribeiro. Hortoflor. Kiwi... Isto xa non é a vella economía natural, é actividade económica empresarial integrada no mercado. ¿Que pasou co leite? Obviamente, a negociación de hai anos non foi boa e simplemente foi enganado como pasa en política tantas veces. Agora o empresariado leiteiro -todo o que produza e venda- debe tomar nota, pór o tema no debe de quen sexa e procurar, como faría calquera outro empresario, adaptarse con rapidez. Se non é leite, outra cousa haberá que precise o mercado e lle sexa rendible a el.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS