Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

FIESTRA ABERTA

MANUEL CENDÁN

Jesús Candil

03.11.2010 
A- A+

O Plan Ferrol leva dende o ano 2006 incentivando a creación de empresas en Ferrolterra, Eume e Ortegal, nun intento de diversificación e reindustralización tras as sucesivas reconversións. É realmente o único instrumento que comparten diversos axentes sociais, especialmente patronal e sindicatos, maila o desmarque recente da CIG (que ten bicefalia interna). Entre outras cousas, porque non hai ningunha outra alternativa para a recuperación económica nesta parte do país.

Tamén é certo que Ferrol está escaldada de promesas incumpridas por parte das diversas Administracións, de abandonos de proxectos empresariais, escudados nunhas clases dirixentes autóctonas que non sempre souberon estar á altura dos seus cidadáns. Temos unha taxa de ocupación do corenta e dous por cento (por exemplo, Santiago ten o sesenta).

 

Quizais, estando recente o Decreto do carbón, a visita do director xeral do Ministerio de Industria ten unha importancia especial, xunto cos case sesenta millóns de euros para investir ao longo deste ano 2010 na comarca. A xuntanza cos axentes sociais non foi exenta de críticas, especialmente aos cen mil euros para o proxecto de execución do acceso por ferrocarril ao Porto Exterior de Ferrol, obviamente insuficientes.

Isto dan unha enorme importancia as palabras do deputado Xavier Carro. O compromiso por parte do Goberno de España de mobilizar de dúas partidas orzamentarias -de acceso aos portos de interese xeral do Estado e de estudos do ferrocarril- uns seis millóns de euros, o que si daría para ir executando os accesos ferroviarios dun esperanzador Porto Exterior, que pide xa iniciar a súa plena actividade..

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS