Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

RUTH FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

noticias cotiás

Marichalar nas Burgas

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

A sistín ao foro organizado polo xornal La Región, que tiña convidado a Álvaro de Marichalar y Sáenz de Tejada para pronunciar a conferencia Rumbo al horizonte azul. Foi toda unha aventura o feito de navegar da man de Marichalar cruzando o Atlántico nunha experiencia que veu revivir un dos seus retos acuáticos, cando no 2002 fixo a travesía de Roma a Nova York, dende a illa de Hierro á cidade de Antigua (descuberta por Colón na súa cuarta viaxe)? ao longo de dez mil millas náuticas. Na travesía, ao longo de 117 xornadas encol da moto acuática, baixaba arredor de catro quilos diarios que recuperaba coas repartidas comidas que facía sobre o vehículo e a bebida inxerida: seis litros de auga doce, ademais de medio de auga salgada para recuperar os minerais necesarios. Levaba unha crema rusa para protexer a pel e un traxe de neopreno que sempre se atopaba mollado, nas xornadas de 12 ou 16 horas diarias de navegación. Todo un reto conseguido nunha das tres saídas (das 37 que leva feitas) nas que contou cun barco nodriza que o axudaba se había que facer reparacións ou botar combustible. O aventureiro di que o mar ensina a vivir, xa que "sempre paga a pena loitar polo que cres e vivir de pé".

Este piloto de aviación nado en 1961, ademais de falar das súas tarefas empresariais, deu unha importante lección de humanidade, xa que o que recada a través da edición de documentais para a National Geographic coas súas travesías, así como da publicación de libros reflectindo a súa experiencia vital no mar a bordo da súa moto acuática, vai destinado á loita contra a drogadicción. Ten unha mensaxe moi clara para a mocidade: "Convídoos a vivir de pé fronte ás drogas e ter a personalidade e a fe nun mesmo de decir NON, ata o feito de probalas, e a vivir de pé tamén fronte ó botellón". Colocar o deporte fronte ás drogas é unha das súas prioridades, así como amosar a fraternidade entre os pobos e dar un paso máis na loita pola paz.

A vida preséntanos cada xornada situacións diferentes, máis ou menos complexas, ás que temos que facer fronte. Se poñemos todo o noso esforzo e tenacidade, se loitamos con forza para acadar aquilo que desexamos, obteremos un bo resultado. Ese é o mellor premio. Así, para conseguirmos os nosos retos, debemos ser tenaces e resistentes, téndomos en conta os valores da superación e da solidariedade.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS