Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

BIEITO G. CARRIL

NO MEDIO DO AMBIENTE

Non máis mascotas... exóticas

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.8/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Persoalmente, cústame moito entender a decisión que toman algunhas persoas para incorporar a súa vida unha mascota. Estoume a referir a aqueles que teñen un can, un paxaro ou un gato en lugares que non reúnen uns requisitos mínimos que respecten o innegable dereito animal a ter unha calidade de vida, cando menos, tan digna coma a do seu dono. Pola contra, son dado a felicitar a aqueles que, dun xeito responsable e meditado, incorporan á súa vida unha mascota ou animal de compañía cando se trata axeitadamente, cando a decisión non é froito dun capricho dun día nin tampouco dun "xoguete".

Sorprende, nesta orde de cousas, a crecente irresponsabilidade social e ambiental de milleiros de cidadáns que se deixan seducir por ofidios, arácnidos, simios, peixes e ata felinos... procedentes doutros continentes que son "arrancados" do seu medio natural, en moitos casos, e noutros, criados legalmente para a súa exportación. No mundo globalizado que nos toca vivir, o incremento do comercio internacional e as viaxes intercontinentais supoñen unha vía de entrada de especies exóticas que, moitas veces, rematan converténdose en "invasoras".

O comercio de especies exóticas é xa considerado pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza como a segunda causa de extinción de especies nos lugares de orixe. Nos de destino, como no caso de Galicia, convértense nun risco para a biodiversidade.

Camaleóns, papagaios tropicais, serpes pitón, tarántulas, tartarugas, carpas asiáticas... son adquiridos no país, cando non importados ilegalmente para converterse en mascotas ou animais de compañía de moitos galegos que, en moitos casos, acaban cansando deles e ceibándoos en calquera monte ou regato. Inícianse así procesos de degradación dos ecosistemas, como a praga de cangrexo rubio americano da década pasada na coruñesa presa de Cecebre. Porque ¡claro!, dá mágoa sacrificar eses animaliños que viviron na peixeira do salón.

Poñerlles couto a este tipo de situacións non é só unha responsabilidade das administracións; estas van artellando, cecais con menos celeridade do desexado, plans de prevención e erradicación de especies invasoras e poñendo á disposición da sociedade os Centros de Recuperación de Fauna Salvaxe para a recollida de animais. Poñerlles couto a estas situacións é responsabilidade de todos, evitando a compra de especies exóticas e, sobre todo, o seu abandono.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS