Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

ROSA ANEIROS

nove ondas

Nordés

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

O luns de Pascua déixalles aos ferroláns o sabor doce e primaveral da romaría da Virxe do Chamorro, tamén chamada Nosa Señora do Nordés. Este vento, frío e decote seco, tráenos en poucas ocasións fortes bategadas de chuvia. Xa o di o refrán: "De Nordés a chover e o borracho a beber nunca se dan por encher". As nubes propias de abril que moitos confrades saudaron con mágoa foi recibida con alivio por unha terra sedenta por causa dun inverno excesivamente seco. Ademais, e por se fose pouco, o paso do fenómeno Klaus deixou tras si milleiros de árbores mancadas no Ortegal. Aquelas que non foron arrincadas ou tronzadas amosan as follas secas polo efecto do salitre que unha noite cabalgou ás carreiras pola cartografía galega, con especial virulencia no litoral do golfo Ártabro a Bares. O monte ferido pode agora arder co simple pestanexar dun misto. Talvez moitos romeiros rogaron á Virxe do Nordés auga a mares para aplacar o altísimo risco de incendios da temporada. Pero, e por se se despistase a divindade, os equipamentos antiincendios deben permanecer en alerta. En canto non mude esta forma irracional de explotación do monte galego, o investimento en brigadas e as imaxes dantescas das lapas han ser a nosa eterna penitencia.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS