Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

ISIDRO NOVO

Rúa pendurada

A de Novoneyra fora póstuma

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Póñome a escribir este artigo na véspera da homenaxe que os escritores lle imos tributar a Agustín Fernández Paz en Vilalba, como recoñecemento á enorme calidade da súa obra na que será a XV edición d"O Escritor na súa Terra, unha celebración anual creada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no ano noventa e cinco do século pasado. Este evento naceu coa intención fundamental de brindarlle un recoñecemento en vida ao escritor homenaxeado por parte dos seus colegas, algo que parecía e segue a parecer axeitado, pois aínda adoita ser bastante común iso de non recoñecer o talento dun artista ata que a pátina da morte recobre a súa figura.

Mais sendo o espírito da celebración agasallar o autor vivo, cómpre dicir que tamén nisto a regra tivo xa a súa excepción. E tívoa na VI edición coa figura de Uxío Novoneyra, a quen a parca sorprendeu sendo presidente da entidade creadora da homenaxe, polo que houbera que celebrar o que el cos maiores méritos merecía ao ano seguinte do seu falecemento. Fora aló, na súa Parada do Courel, a onde chegamos logo dunha revirada viaxe. Lembro aquel día con pesadume pola súa ausencia física, mais lembro tamén que esa ausencia me fixera evocar algúns dos seus poemas e mesmo vivencias compartidas con el no Lugo setenteiro.

A liturxia do acto ten entre outros ritos, o de que o autor elixa e plante unha árbore do seu agrado e no seu nome todos fomos botando terra riba das raíces dun carnabudo, que me fixera vir á mente aquel poema seu: ?Camiño da Veneira!/ Carreiro dos dez regueiros!/ Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairas/ pincheiras e pincheiras!... O carnabudo, tamén chamado capudre, cancereixo e escornabois é unha árbore espectacular cando está no seu esplendor.

Ese día tamén relembrei o noso tránsito polas tabernas de Lugo bebendo escuras cuncas das que deixan ronsel de flor no cu e a el con aquela camisa de flanela vermella e negra que tan ben lle acaía recitando aquela estrofa dun dos Poemas humanos de Vallejo, de quen dicía que tiña unha fisionomía moi parecida ao seu amigo Oroza : Considerado en frío, imparcialmente/ que el hombre es triste,tose y, sin embargo,/ se complace en su pecho colorado;/ que lo único que hace es componerse/ de días;/ que es lóbrego mamífero y se peina... Saboreaba as palabras ao dicilas como unicamente pode facelo un poeta: con fruición e DEMORA, esa palabra súa tan querida.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS