Xoves 09.09.2010  | Actualizado 10.57      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión  |  RSS - Opinión RSS

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

CADERNO ABERTO

Nun hospital coruñés

26.11.2009

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Nun hospital coruñés cuxo nome anterior era execrábel teño a ocasión de observar determinados comportamentos e actitudes que non deixan de me provocar certa indignación, se queren de carácter cívico, no sentido máis extenso (dereitos e obrigas individuais) que posúe este termo; mais tamén unha indignación, se se quixer, de carácter ético-estético que ten relación directa co profesional ou coa percepción práctica da profesionalidade. Máis alá de que a Asociación do Defensor do Paciente diga, con datos na man, que o gran hospital coruñés é hoxe "o peor de toda a rede" do Servizo Galego de Saúde no que atinxe á información aos pacientes ingresados e familiares próximos -algo que calquera pode comprobar e padecer in situ-; e máis alá igualmente de que existan deficiencias no plano espacial-asistencial e organizativo, que sofren os doentes alí ingresados, no hospital coruñés non é difícil -dou fe de tal- vivir experiencias como a que lles vou relatar. Como vostedes ben saberán, a tal centro médico, magnífico en tantos sentidos, tanto acode un labrego de Mesía como un mariñeiro de Caión, poñamos por caso, e así é que nas salas de espera ou nos longos corredores do hospital vemos de xeito maioritario as nosas xentes maiores, moitos velliños e velliñas que alí van e están, obrigados polas doenzas, polo accidente ou pola enfermidade seria. Pois ben, eu teño visto como profesionais ao servizo da saúde, sexan estes doutores ou persoal técnico sanitario, se negan a utilizar o idioma destas nosas xentes, que se expresan decote en galego -alí tamén-, e aténdenos exclusivamente en castelán -nun centro público de saúde- desprezando así a fala, forzada a ser tímida e temerosa, autorrebaixada, das persoas afectadas. E teño visto vellos labregos coas fazulas vermellas ao vérense incomprendidos, e así desprezados, por persoal sanitario galego que aínda por riba fala un castelán estentóreo e de pésimas formas. Estamos no século XXI e aínda acontece isto. Entre a imposición do castelán e o racismo lingüístico.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS