Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

homo zapping

XABIER SANMARTÍN

Ollada de hoxe: Amauta Castro Guevara

24.12.2009 
A- A+

Blogger dedica aos libros, a música e outras illas do mar da cultura. Vive en Cataluña, dende alí, asegura que acende pouco a tele. "Adoito ver TV3 e K3/33 , por exemplo un programa de humor que transcendeu fóra de Cataluña, Polonia, do resto pouco que engadir, gosto de "Pai de Familia" e tamén das canles dixitais dependentes de TV3 (con contidos en V.O.)" Alterna ese mando a distancia co rato: "En www.youtube.com ollo vídeos antigos de rock e punk dos 70, e ando tamén a seguir desde a distancia http://gzvideos.info; tamén películas en V.O. e medios estranxeiros como TeleSUR, Cubavision ou a BBC...". Ante o interrogante relacionado con suxestións para TVG, Amauta é pesimista. "Non agardo nada da nova xeira que se inicia na RTVG. Calquera esperanza neste aspecto é tempo perdido." Logo de escoitar esa frase, pecho os ollos, e respiro, aínda que eu non formo parte do club de seareiros da TVG, nin agora, nin na etapa do bipartito, pero por ADN, teño querencia en ser optimista, o tempo falara sobre iso. Collendo tren cara a noites de onte e antonte, "Teño unha moi boa lembranza dun verán no que pasaba as noites na compaña de Doutora en Alaska e dos concertos de Radio3... ; tamén lembro un par de ciclos de cinema na TVG. Desfrutara daquela, por vez primeira, de Pasolini, Ozu, Lang... Da infancia, A Bóla de Cristal e Doutor Slump. Compartín, como varias xeracións de galegos as diferentes etapas de Dragon Ball, e. Southpark, formou parte tamén da miña predilección polo incorrecto". Amauta ten claro que debería ter un bo espazo de libros? " Pois non cinguirse ao formato libro, falar de blogs, de performances poéticas, de teatros, de axenda cultural...". Título para unha serie sobre o teu ámbito laboral? "O do meu tempo é máis ben un reality".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS