Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.01.2019 Actualizado 13:27
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

Disque Disque

ANTÓN LOSADA

Pasando a factura

22.04.2010 
A- A+

Disque as compañías aéreas calculan teren perdido xa máis de mil millóns por mor das cinzas do volcán. Disque os do turismo tamén choran e afirman teren perdido máis de douscentos millóns. Vaian preparando as carteiras, amigos, que están facendo as facturas para pasalas ao cobro contra os impostos de todos. Xa fascina dabondo saber de onde saen estas cifras ou con que razonamento as calculan. Pero aínda asombra máis constatar a rapidez con que o fan, e que nin uns nin outros prodigan cando somos nós os prexudicados. Os beneficios son privados e deles. As perdas son públicas e de todos. O capitalismo postcrise financeira funciona así. antonlosada.blogspot.com

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS