Xoves 09.09.2010
| Actualizado 10.57
Hemeroteca web
|
RSS
Disque O Noso Alberto está cabreado e vai converter o día a día do bipartito na guerra do Vietnam. Disque considera unha aldraxe que lle arrebaten coa política o senador que lle dan as matemáticas. Deixando á parte as dificultades para explicarlle á xente normal que importancia ten o do senador, sabendo para que vale o Senado, o líder da oposición deberá preguntarse se non anda co paso cambiado. Un país que sae dunhas xerais a cara de can e que albisca unhas galegas iguais ou peores, quere agora paz e que a política non sexa un suceso diario. Quen se empeñe no contrario, só conseguirá a animadversión do respectable por pesado.