Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.01.2019 Actualizado 13:27
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

Disque Disque

ANTÓN LOSADA

Punto para O Noso Mariano

20.04.2010 
A- A+

Disque Bárcenas pagou a segunda letra da súa dimisión a prazos e marcha do Senado. O PP segue transitando pola ruta que adoitan seguir os partidos enfrontados á corrupción. Da exaltación da amizade e a conspiración, imos pasando ás renuncias polo ben do partido. O Noso Mariano segue ao seu paso, procurando que non se lle esfarele a organización. De momento, e aínda que din que nunca decide nada, levou por diante e polo seu propio pé os imputados que lle tocaban. Pola contra, o superliderado d’A Nosa Esperanza, que se autoproclama tan contundente cos corruptos, non pode botar do Parlamento de Madrid tres deputados de medio pelo. antonlosada.blogspot.com

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS