Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

CADERNO ABERTO

Para quen gobernan os Gobernos

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.9/5 [12 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Cando ese ente denominado Mercados actúa en clave económica, por suposto, mais tamén en clave política, os Gobernos, dun tempo a esta parte, adoitan renderse ao xugo imposto e seguiren as pautas marcadas polo Fondo Monetario Internacional e polos señores que, á par, dirixen os mercados financeiros. ¿Para quen traballan os economistas do FMI? ¿Por que impón o FMI sempre as mesmas medidas: redución de gastos públicos, privatizacións a esgalla, liberación de servizos, liberdade absoluta de movemento para os capitais e desregulamento financeiro, entre outras agudezas neoliberais? Os grandes grupos financeiros e industriais, xunto a esa ortopedia da oligarquía que recibe o nome de axencias de cualificación -erráticos mais interesados árbitros da economía mundial-, son, en realidade, os que exercen o goberno, sendo así que a democracia -pobre democracia- se converte nunha triste troita que vai polo río abaixo de pé. ¿Acaso non se está a producir, como ben advirte David C. Korten, autor da obra Cando as transnacionais gobernan o mundo, unha transformación consciente e intencional "impulsada por soños globais de grandes imperios empresariais, Gobernos condescendentes, unha monocultura consumista globalizada e un compromiso ideolóxico universal co liberalismo empresarial"? Lúcida análise da realidade esta. Porque as grandes compañías financeiras (os mercados financeiros mundiais) están a se configurar como un Goberno mundial na sombra, pondo en cuestión gravemente non só a soberanía política dos países e dos Estados senón tamén a realidade mesma da democracia como forma de goberno. Korten, profesor no seu día da Universidade de Harvard e recoñecido economista, sabe moi ben que "a tiranía do mercado escraviza á maioría en pro dos intereses duns poucos" e non dubida á hora de afirmar que tanto o Fondo Monetario Internacional como o Banco Mundial actúan con absoluto secretismo no seu funcionamento interno, propiciando así todo tipo de operacións financeiras lesivas para o conxunto da humanidade.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS