Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

POR ANXO TARRÍO VARELA

DE LETRAS E DE SIGNOS

Ramón Piñeiro

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Caricatura de Ramón Piñeiro, por Siro
Caricatura de Ramón Piñeiro, por Siro

Onte presentouse no Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela unha serie de catro libros elaborados no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, nos que a figura epónima do mesmo é central. Tres deles, que se corresponden cos números XI, XII e XIII dos Cadernos Ramón Piñeiro que edita o Centro dende o ano 2003, recollen unha pequena parte (unhas cento corenta) das moitas cartas que, como é ben sabido, escribiu don Ramón ao longo da súa vida. O cuarto volume, titulado Homenaxe a Ramón Piñeiro, recolle escritos de trece persoas pertencentes ao mundo da literatura, das artes, da política, etc., que o trataron en vida con máis ou menos asiduidade e cercanía.

Piñeiro foi unha das pezas clave do abovedado galeguista durante e despois da ditadura de Franco. Persoa controvertida, a figura de Ramón Piñeiro (Láncara-Lugo, 1915-Santiago de Compostela, 1990) presentaba e presenta porén algúns trazos firmes na súa textura humana e intelectual, así como unha dimensión sistémica como axente social do galeguismo que o configuran como unha persoa vehementemente dedicada á única causa que lle quitou o sono e lle complicou decote a súa vida: refírome ao labor infatigábel que levou a cabo na procura da dignificación de Galicia na súa poliédrica problemática. Isto coido que ninguén poderá poñelo en dúbida, tal foi o seu comportamento moral e ético, que nunca abaneou diante dos infortunios polos que pasou, que non foron poucos.

Coñecín bastante a Ramón Piñeiro. Presentáranmo un día do ano 1976 na ruela da Travesía do Franco, en Santiago, cando el ía, como decote, botar cartas ao correo. Despois continuou entre nós unha amizade a distancia, pois eu estaba en Lugo, primeiro, e en Vigo, despois. Naturalmente, pasei un par de veces pola súa mesa camilla xunto coa miña muller, con quen, ademais, teño unha anécdota que nunca se nos esqueceu. Tivo lugar esta xusto o día en que se pechaba a recepción de candidaturas para as eleccións do 15 de xuño de 1977. Naquela ocasión, Ramón Piñeiro accedera a se presentar por Lugo ao Senado coa Candidatura Democrática Galega na que ían coaligados o PSG e o PSP. Debido á nosa colaboración co primeiro, tocounos á miña muller e mais a min preparar o papeleo para que don Ramón puidese inscribirse no rexistro correspondente. O caso é que, non sei por que enguedellos, a preparación da documentación se nos atrasou máis do esperado e as doce da noite aproximábanse perigosamente. Con toda a présa que a nosa xuventude nos permitiu, chegamos caneando ao Goberno Civil co tempo xusto, ás doce menos tres minutos, para que o noso candidato, que xa estaba algo impaciente, puidese presentar ordenadamente todo o expediente e quedar inscrito legalmente.

Vímonos en moitas máis ocasións, pero non esquecerei nunca a humildade que demostrou asistindo a unha homenaxe que temerariamente me prepararon en Lugo uns amigos con motivo dun premio internacional que se me acababa de outorgar por un traballo sobre Galdós. Aínda hoxe se me suben as cores ao me lembrar da desproporción entre a miña irrelevancia e a figura histórica que sentou aquel día a carón meu na mesa do xantar. Así era don Ramón Piñeiro..

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS