Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 11.11.2019 Actualizado 14:08
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

MANUEL CENDÁN

Rectificación

02.10.2010 
A- A+

Alén do baile intencionado das cifras, está claro que o 29 de setembro é un éxito da Democracia. Aqueles que querían simplemente o enfrontamento -entre o partido socialista e a súa base social- fracasaron. Os traballadores expresaron o seu rexeitamento ás medidas neoliberais e á reforma laboral, cunha cuadratura do círculo. Cunha forte contestación ao presidente Zapatero, esixiron a súa rectificación en materia económica e social; sinalaron os causantes da crise e pediron un xiro á esquerda. Perden, polo tanto, os tiburóns financeiros, a dereita e o lobby liberal incrustado no Goberno socialista.

O éxito do 29-S foi posible polo traballo en común de UGT, CCOO e CIG. Alén dunha simple suma puntual de forzas, deberían confluír en manifestacións conxuntas e unidade de acción nas empresas. Unha esixencia estratéxica para a defensa do mundo do traballo.

Que sentido ten o diálogo social, sen rectificación na política de Zapatero e tamén, na parte que lle corresponde á Xunta de Galicia? A precariedade retrae da participación social os sectores máis débiles dos traballadores, pero é máis forte a indignación do conxunto da cidadanía. A reforma laboral, e o saqueo das pensións, da sanidade e da educación públicas non serán de balde. Hai e haberá contestación democrática. Os campos están perfectamente delimitados: Democracia vs. Liberalismo.

A sociedade, coa súa participación á calor da Folga Xeral do 29-S, sentenza que hai unha saída progresista á crise. Zapatero debe rectificar, depende do seu reencontro coa esquerda social, política e sindical..

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS