Xoves 09.09.2010  | Actualizado 10.57      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión  |  RSS - Opinión RSS

MANUEL MERA

calidoscopio

Relacións antagónicas

29.07.2010

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MANUEL MERA

Sen dúbida caracterizar axeitadamente a crise, ou sexa, o momento polo que está a atravesar o capitalismo é moi importante, porque permite artellar solucións acaídas e programalas no tempo. Porén tamén serve para dar unha mensaxe clara e forte, ateigada de alento, malia os atrancos que poidan existir no momento, que son moitos en Europa, por mor da abafante hexemonía das clases dominantes. Nun recente documento de François Chesnais, que leva moitos anos analizando o financiarizamento da economía, fai algunhas análises que coido debemos termos en consideración. Afirma Chesnais que "é ilusorio pensar en remediar o sistema cun mellor repartimento", xa que iso só foi posíbel transitoriamente despois da Segunda Guerra Mundial. E, engade: "No marco da mundialización a produción volve ser plenamente produción para o capital; a relación capital traballo volve ser radicalmente antagónica".

O axeitado desta análise de Chesnais está confirmado pola solución que, desde as clases dominantes, se está impoñendo para remontar a crise. De tal xeito que o que semellaba ser un escenario propicio para unha regulación do capitalismo, por mor das responsabilidades que o gran capital tiña na desfeita, converteuse unha vez que os estados foron na súa salvación, nun tempo de oportunidades para dar folgos a unha maior concentración e centralización da riqueza. O capital respondía a un contesto tan grave con medidas que, por unha banda, queren aumentar os lucros, e pola outra, socializar a pobreza co fin de reducir as bolsas de marxinación que xera a súa inmensa cobiza. Medidas de socialización da pobreza que se traducen en: menores salarios, baixar as pensións e outras prestacións sociais, privatizar servizos esenciais, e aumentar a presión fiscal, ademais de reducir os dereitos laborais e sindicais.

Para conseguir efectivizar estes retrocesos, que evidentemente van ter unha gran contestación social, conta coa complicidade dos grandes medios de información, a pasividade cando non entreguismo da maioría dos partidos e organizacións sociais que nos momentos de auxe fixeron de intermediarios entre o capital e as clases populares. Porén ademais, por se fixera falla, dispón dunha lexislación cada vez máis restritiva e forzas de seguridade abondo para asegurar o seu cumprimento. Parecen palabras duras, que pintan un panorama sombrío, porén non se pode ignorar que neste momento un 58 por cento dos lares galegos teñen problemas para chegar a final de mes, e dous de cada tres non aforran ren no ano.

Non vexo como estes graves problemas que abranguen xa á maioría da sociedade galega se poidan solucionar só cunha maior distribución do traballo, especialmente cando ademais para conseguilo quérese diminuír o nivel de vida dos que teñen emprego e gañan menos. Tampouco se pode ignorar que este proceso dáse parello co aumento da xornada laboral e unha enxurrada de inmigrantes esperando por cada novo emprego que se oferte.

Moito me temo que o sacrificio da clase traballadora galega e doutras nacións (que se esixe desde o Goberno central e mais a Xunta) non sirva máis que para encher os petos dos ricos e poderosos, aumentar a cilindrada do coches de luxo e o número de amarres do iates na costa do país. Deste xeito, a globalización da economía, tal como afirma Chesnais, recupera en toda a súa crúa realidade a lóxica do antagonismo entre o capital e o traballo, ou sexa: a loita de clases (e os conflitos territoriais). Polo tanto, as boas intencións e as propostas de recuperación moito me temo que non sexan máis que utopías irrealizábeis para as maiorías sociais, se non muda a correlación de forzas.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS