Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02

Disque Esperanza Aguirre, a ambición rubia, vendo a O Noso Mariano estresado co do Gürtel, estalle a enredar co da presidencia de CajaMadrid e quere situar ao seu vicepresidente, outro entallado ao estilo Costa. Disque O Noso Mariano retrucou ao noso xeito e que lle dixo non sen alzar a voz, que para ese traballo xa está Manolo Cobo, o brazo executor de Gallardón. Os dous apostan por Rato, que viste moito mellor e luce máis formal. No das caixas en Madrid hai demasiado ruído, pero polo menos todos se retratan e van dicindo o que queren. Aquí, pola contra, reina o silencio e só nos enteraremos do que quería cada quen cando xa estea feito. antonlosada.blogspot.com
