Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 11.11.2019 Actualizado 14:08
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

fiestra aberta

MANUEL CENDÁN

Saquear Libia

11.03.2011 
A- A+

Si, o Coronel Gadafi debe ser levado ante o Tribunal Penal Internacional, pero non menos que aqueles que andan a preparar a intervención militar en Libia; que basicamente son os mesmos que decidiron a ocupación de Iraq e de Afganistán. Todos eles con intereses cruzados coas grandes multinacionais enerxéticas. As mesmas que ata hai pouco saudaban a presenza do Goberno libio nos seus consellos de administracións, incluídas as españolas.

Aínda non está claro que pasa dentro de Libia, pero o que xa se sabe é que a chamada oposición son unha parte da propia estrutura do réxime actual que acaba de pactar cos EEUU e as antigas potencias coloniais na zona: o Reino Unido e Francia. A diferenza de Tunisia e de Exipto, aquí non hai grandes masas cidadás fronte á ditadura.

Outra das cousas que queda en evidencia é a nosa política exterior, onde os Intereses de Estado se confunden cos intereses das grandes empresas españolas. Zapatero tamén acaba de visitar todas as ditaduras do Golfo Pérsico para lles vender as nosas Caixas, así como ofertar apoio para os países árabes cara a unha transición similar á nosa, que se dalgún xeito ten que ser definida é de inmodélica.

Na Transición Española, a esquerda foi incapaz de provocar unha ruptura democrática co réxime franquista, iso levou a un pacto cos sectores avanzados da dereita gobernante, o que trouxo consigo a hexemonía desta no proceso. Esa mesma dereita segue a marcar as grandes liñas políticas de España e a saída conservadora á crise; e a pesar de que a esquerda repite goberno en España, a reflexión é porque nunca conquistamos realmente o poder?

Zapatero debe escapar da trampa. Entrou pola porta grande da Historia sacando as nosas tropas de Iraq, se participamos no saqueo de Libia, el sairá pola porta cativa..

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS