Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.01.2019 Actualizado 13:27
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

Disque Disque

ANTÓN LOSADA

Socialist party

14.06.2010 
A- A+

Disque houbo unha conferencia política dos socialistas galegos para darse ánimos, e de paso darlle caña a O Noso Alberto. Víaselles animados e con ganas de tirar para diante. Falaron máis do malos que son os outros que do bos que son eles e iso non adoita ser bo sinal. O Noso Ministro –xa saben, José Blanco– dixo que para o PP o problema era el e non o AVE. Pero iso non nos axuda moito ao resto para amañar os nosos problemas, que son serios e de verdade. O Noso Pachi avisou de que da crise se sae pola esquerda, pero en plena tempada de recortes e decisións difíciles, dan ganas de preguntarlle se xa llo comentou a Zapatero.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS