Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Opinión

fiestra aberta

MANUEL CENDÁN

T de Tomás

07.10.2010 
A- A+

Gañeille unha aposta a un amigo policía, que durante un tempo estivo traballando na seguridade persoal da ministra Trinidad Jiménez. Non era difícil. A vitoria de Tomás Gómez é de manual e non hai por que recorrer ao Príncipe de Maquiavelo para sabelo.

Abandona a tranquilidade da alcaldía de Parla, asume a secretaría dun PSM roto, non é deputado autonómico, vai integrando as diversas sensibilidades do socialismo madrileño e prepárao para a batalla contra a dereita. É lóxico que cando todo está a punto, diga que el e os seus, seguen.

Fronte á lóxica, dinlle que non e ademais, mándanlle ao máis selecto das forzas armadas do partido para combatelo. Que ían facer dende o PSM? Tiñan outra saída? A iso hai que sumarlle a empatía natural co desfavorecido e que os socialistas madrileños están cansos de tanta tutela. Resultado: o Madrid autonómico reivindica o seu feito diferencial con respecto ao Madrid Estado.

En todo caso, Trinidad Jiménez sabe que o seu traspés non supón un rexeitamento dos militantes madrileños. Os responsables son aqueles que aconsellaron á dirección do PSOE manterlles un pulso ás bases socialistas madrileñas. Dicía Zeca Afonso que o pobo é quen máis ordena.

Pero, a pesar de todos os voceiros da dereita co resultado das Primarias madrileñas gaña Zapatero, que se escribe con T de Tomás, de Trinidad e T de vitoria contra o PP. Permítome facer unha nova aposta: Tomás Gómez será investido presidente da Comunidade de Madrid no vindeiro maio..

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS