Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

MARÍA VERZA

CALIDOSCOPIO

Unidade fronte ó golpismo

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

O pasado faise presente. As vellas pantasmas do golpismo militar en América Latina ameazan con regresar e por iso o que ocorreu en Honduras non é só un problema hondureño, senón que supón un reto para toda a rexión. O exército, avalado polo poder lexislativo e o xudicial, impúxose, fusil na man e tanque na rúa, a un presidente saído das urnas, Manuel Zelaya. Esta acción só ten un nome, golpe de estado, e un único posicionamento democrático, a súa condena. Aínda é pronto para sabermos que ocorrerá neste pero, polo menos, por primeira vez hai unha soa lectura dos feitos e desde os Estados Unidos a Venezuela, desde España a Irán, desde a ONU á UE, todos condenaron a acción militar.

É certo que Zelaya saltou leis ó teimar nunha consulta prohibida polo Congreso e a Corte Suprema Electoral sobre unha reforma da Constitución. É certo que o fin era cambiar as normas para poder volver presentarse a un novo mandato. E tamén é certo que entre os mandatarios latinoamericanos hai un crecente e preocupante intento de querer perpetuarse no poder. Pero tan certo como todo iso é que o único instrumento utilizado por Zelaya para intentar facer realidade os seus plans, eran unhas urnas mentres que o exército sacou á rúa o seu arsenal.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS