Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Opinión

ISIDRO NOVO

Rúa pendurada

Uxío no vestíbulo das Letras

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

O pasado día 7 deste mes, o precursor de toda iniciativa valente e xusta a prol de Galiza, Xosé Lois García, acompañado por quen isto escribe, presentamos na RAG ao seu presidente, don Xosé Ramón Barreiro, os documentos que acreditan o apoio que Uxío Novoneyra recibiu por mediación da web creada para que lle sexa outorgado o día das Letras Galegas no 2010, ano no que xa terían transcorrido os dez anos dende o seu falecemento, requisito que o citado organismo esixe para que sexa posíbel a súa celebración. O obxectivo acadouse e as mil sinaturas que se pretendían superáronse cumpridamente. Sinaturas ademais que hai que valorar pola súa calidade, xa que quen quixo formar parte dese nutrido feixe de apoio ao gran poeta do Courel, tivo que tomarse a molestia de conectarse á rede e procurar a páxina para introducir nela os seus datos. Ao presidente, que loxicamente só podía falar en nome propio, pareceulle xusta a petición e mesmo engadiu que con Uxío ademais había unha débeda, xa que morrera sen ter entrado na Academia.

Á parte das sinaturas de particulares documentadas, na RAG tamén se presentou unha relación de institucións e asociacións que se adheriron á petición, así como as mensaxes de moitos dos adheridos, unha boa parte de Galiza, pero tamén do resto da península e de Francia e de Rusia e, como non!, do outro lado do mar: de Arxentina, de Venezuela, de Brasil, de México, de Uruguai, de EEUU? Algunha desas mensaxes mesmo chegou dende as africanas illas de Cabo Verde e non faltou o asiático apoio dende terras nipoas.

Por todo isto estamos moi esperanzados en que o 2010 sexa o ano de Uxío Novoneyra, pero sobre todo estámolo porque temos fe na calidade da súa obra poética e sabemos que a súa voz foi un fito singular e un referente no século vinte. Ninguén pode obviar a transcendencia de Os Eidos na nosa lírica, ese saber mirar o universo enteiro e comprendelo sen afastarnos da nosa raíz, da nosa contorna, da nosa paisaxe. Hai nos seus versos sempre un dicir máis do que se di, un algo que non se menciona pero que está presente. Se a poesía serve para que a delicadeza nos faga conscientes da nosa fraxilidade, Novoneyra é o poeta, se a poesía é o recipiente da sutileza, Novoneyra é o poeta, se poesía é o recendo dos soños e o amor incondicional á terra, Novoneyra é o poeta, se poesía é debandar demoradamente un pensamento, Novoneyra é o poeta.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS