Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
O coordinador xeral de IU, Cayo Lara, considerou onte que os grandes empresarios lle deron unha "palmadiña nas costas" ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, con quen se reuniron antonte, para seguir recortando dereitos aos traballadores.
Lara fíxolles estas manifestacións aos xornalistas na presentación do candidato de IU á Alcaldía de San Fernando de Henares (Madrid).Os empresarios déronlle "unha boa palmada nas costas e dixéronlle que é un bo mozo, que o está facendo moi ben, defendendo moi ben os intereses de (Emilio) Botín (presidente do Banco de Santander) e dos banqueiros e que está recortando os dereitos sociais e laborais aos traballadores", dixo Lara. "Que siga así, que continúe con esa liña e cando teña a próxima reunión volver dar outra palmadiña", agregou o máximo representante de IU.
En canto á reunión que o líder do PP, Mariano Rajoy, manterá hoxe coas pequenas e medianas empresas (pemes), Lara sinalou que "é unha contradición", porque as propostas deste partido, que emanan de FAES, á que cualificou como a fundación "de parir ideoloxías" desa forza política, "non son precisamente de apoio" ás pemes.
Son máis ben, concluíu Cayo Lara, "como as de Zapatero" e van "na mesma dirección" da política do Goberno que antonte "apoiaron os banqueiros".
