Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 19.07.2019 Actualizado 12:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Política Galicia

TRIBUNAIS

A alcaldesa de Cabanas acepta xa dimitir do Concello

Unha sentenza inhabilítaa durante oito anos por prevaricar co urbanismo

. E.P.   | 03.10.2006 
A- A+

Modesta Anca Rico, a alcaldesa socialista de Cabanas condenada recentemente por un delito urbanístico, presentará a súa dimisión o próximo 26 de outubro nun pleno ordinario.

Modesta Anca, que leva 23 anos á fronte do Consistorio, explicou que, tras "uns días de reflexión", optou por presentar a súa dimisión, tal e como se lle esixiu desde a dirección do PsdG-PSOE tras se coñecer a sentenza dun xulgado ferrolán que a inhabilitaba por oito anos para exercer cargos públicos.

A alcaldesa xa lle comunicou a súa decisión ó secretario de Organización do PSOE en Galicia, Ricardo Varela, tras se reunir con el en Santiago. Así mesmo, Modesta Anca Rico quixo agradecer o "apoio" e a "confianza" mostrado polos veciños de Cabanas nos últimos anos e mostrar o seu "agarimo e respecto" para os seus compañeiros de formación, que a semana pasada lle reclamaron que non dimitise.

A alcaldesa recoñeceu na nota sentir "tristura" polas circunstancias que a rodean e que a forzan a abandonar o seu cargo tras máis de dúas décadas ó servizo dos veciños, sinalou. Ó mesmo tempo, Modesta Anca manifestou a súa "confianza na Xustiza" e cre que se demostrará a súa inocencia.

Anca foi condenada a oito anos de inhabilitación e a unha multa de 5.400 euros por un delito de prevaricación urbanística tras a concesión dunhas licenzas para levantar unha urbanización.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS