Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Política Galicia

CONSELLO

O BNG pide apoiar a folga xeral do 29-S

12.09.2010  Censura a reforma laboral e ve necesario o paro

5.0/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Teresa Táboas e Guillerme Vázquez na reunión do Consello Nacional
Teresa Táboas e Guillerme Vázquez na reunión do Consello Nacional

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, censurou o paquete de medidas adoptado polo Goberno central en materia de traballo e, no seu conxunto, tachouno de "contrarreforma laboral". Subliñou, por este motivo, que a formación frontista apoia a folga xeral convocada para o próximo 29 de setembro, xa que ve que a mobilización social é "necesaria" e "un dos únicos mecanismos que lles quedan ós traballadores para expresar o seu desacordo" e tratar, con iso, de "cambiar o rumbo" do Executivo socialista.

En roda de prensa, nun receso do Consello Nacional que celebran os nacionalistas na capital galega, Guillerme Vázquez destacou que "a solución á crise non pode pasar por restrinxir os dereitos laborais", algo que, asegura, provocará a reforma.

"Consideramos necesario ir á mobilización social", resaltou Vázquez, coa vista posta, segundo incidiu, en "frear todas estas medidas regresivas". E apostilou que "haberá quen diga que non vai servir para nada, que é o peor que se pode facer".

 

Compara a mobilización con ver o Mundial

Non obstante, rexeitou a "pasividade, a resignación e a asunción de medidas" neste ámbito e ironizou con que, durante a celebración do Mundial de fútbol, "non había ningún problema en que os traballadores se fosen ver un partido", polo que entende que tampouco pasará nada por que se ausenten dos seus postos o próximo día 29.

Tamén criticou o PP polos seus "escarceos" en contra da reforma, ao interpretar que non ofrece "ningunha proposta que a contradiga". "Si as comparte, a nivel xeral e a nivel da Xunta", dixo, onde cre que "aplica" as mesmas decisións que o Executivo socialista "con entusiasmo".

O Consello Nacional, ademais, informou de que aprobou por ampla maioría o informe e liña política para este curso e se ratificou o calendario xa aprobado de confección de listas para as próximas eleccións municipais.

A CERNA

Non á vía dos recortes de ZP

Vázquez censurou a "vía de recortes" pola que optou Zapatero, entre os que mencionou a redución salarial, a do gasto produtivo e en infraestruturas, o aumento da carga fiscal e conxelación das pensións.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS