Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Política Galicia

FORMACIÓN

Converxencia Galega nace da excisión de Terra Galega

A maioría dos afiliados marchan

M. RÚA   | 26.08.2010 
A- A+

Logo de converterse na cuarta forza política de Ga­licia, Terra Galega asiste á súa pri­mera grande escisión. Boa parte da militancia que apostou no seu día polo novo proxecto político, declara estar en total desacordo co rumbo que tomou a organi­zación desde que Xermán Tobío chegou á secretaría xeral.

O problema comezou cando Xoan Gato, que lideraba a for­mación, deixou a alcaldía de Narón para presentarse ás eleccio­nes autonómicas celebradas no 2009. A dirección do partido e o concello pasaron a ma­nos de Xosé Manuel Branco. Pero este, tal e como indicaron fontes da militancia "non lideraba a or­ganización política", polo que Tobío tomou as rendas.

Tal e como indi­cou Antonio Montero, "Terra Ga­lega era un bo partido e tiña un bo programa". A maioría da militancia lanzarase ó proxecto de creacion dunha alterna­tiva co nome de Converxencia Galega.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS