Venres 03.09.2010  | Actualizado 10.39      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Política Galicia  |  RSS - Política Galicia RSS

pensamento

Touriño: “Galiza non se Vende xera inmobilismo”

22.07.2010 O ex presidente da Xunta carga contra Galiza non se Vende por xerar "inmobilismo" no electorado ·· Ve "curioso" este grupo "fronte ó Goberno que estaba aprobando a norma de maior transcendencia na historia da comunidade"

2.9/5 [9 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. . FERROL/SANTIAGO

O ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño criticou onte o pensamento de esquerdas que se sitúa "en posicións defensivas" e que corre "o risco" de xerar "inmobilismo", exemplificando coa postura que adoptou a plataforma Galiza non se vende fronte á norma de protección da costa impulsada na pasada lexislatura. Touriño manifestouse así na inauguración do Curso de Pensamento Carlos Gurméndez, organizado pola Universidade da Coruña e o Club de Prensa de Ferrol e que se celebra ata mañá en Pontedeume, baixo o título Pensando na sociedade de valores. O ex presidente defendeu o relatorio "Despois do poder político, ¿hai espazo para a utopía?".

No actual "cambio de época" no que situou a sociedade, criticou que a defensa da utopía poida levar á esquerda a "posicións defensivas" que sostén que "ocultan o descompromiso e a falta de capacidade coa procura de resposta" para o "progreso dos valores". Así, puxo o exemplo concreto da normativa de protección da costa que defendeu o Goberno bipartito e que prohibía "preventivamente" a construción a 500 metros da costa. Lamentou que, ademais das "resistencias internas" do seu partido polo "temor a perder as eleccións e non ser entendidos", xurdisen plataformas de esquerdas que rexeitaron a normativa. "É curioso que fronte ó Goberno que estaba aprobando a norma de maior transcendencia na historia da comunidade, organizouse unha plataforma que se chamou Galiza non se vende", manifestou. Touriño engadiu que, "pasado o tempo, felizmente se converteu nunha plataforma común que a todo o mundo lle custa cambiar e que o Goberno do PP a asume como propia".

Na súa conferencia, Touriño declarouse un "cidadán activo", logo de abandonar as súas responsabilidades políticas tras a perda da presidencia da Xunta e o seu abandono do PSdeG. Asegurou que resulta "especialmente grato" recuperar a súa vida e a docencia académica e participar "no ágora pública da democracia" desde a perspectiva dun cidadán.

O Curso Carlos Gurméndez conta con case 70 participantes. Durante os tres días que dura o seminario, o programa inclúe conferencias sobre a voz das mulleres en Europa, a cargo da parlamentaria europea Inés Ayala Sénder; a nova ética militar no século XXI, do almirante da Armada Miguel Fernández e Fernández, e a islamofobia europea, a cargo do catedrático de Teoloxía da Universidade Carlos III, Juan José Tamayo.

PROPOSTA DO PARTIDO

Cambiar cinco conselleiros

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, incidiu en que "algunha peza" do Goberno da Xunta está "fallando", polo que apoia a petición do seu xefe de filas, Manuel "Pachi" Vázquez, para que se cambien" cinco conselleiros do Executivo

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade