Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 11.08.2012

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
A sinatura da solicitude de outorgamento da concesión para a instalación dunha terminal da empresa Petróleos Mexicanos no Porto Exterior da Coruña tivo lugar no Pazo de Raxoi  - FOTO: CONCHI PAZ

BALÓN DE OSÍXENO MEXICANO

Pemex empezará a operar en Europa dende o porto de Punta Langosteira

Investirá 57 millóns en instalar no Porto Exterior coruñés unha terminal de hidrocarburos // Feijóo avanza que os contratos pendentes para a construción de barcos se empezarán a formalizar "a partir de setembro"

"vítimas" de recortes

O Sindicato Unificado de Policía protesta ante a comisaría de Santiago

Alerta de que "en oito anos" perderon "o 30% de poder adquisitivo" e pide aos axentes "que traballen como os paguen e como os traten"

instan a Feijóo a retirar a proposta

Socialistas e BNG ven roto o diálogo sobre a redución de deputados

A socialista Carmen Gallego afirma que a cidadanía "está preocupada polo seu futuro" e os que reclaman este recorte son "os tertulianos de ultra dereita" // Ana Pontón, do BNG, critica que os populares queren conseguir "máis escanos con menos votos" e o atribúe a que saben que non teñen "a maioría"

Cae a creación de empresas e aumentan as disolucións

A creación de sociedades mercantís en Galicia baixa un 6,14% en xuño e as desaparicións aumentan un 27,27% // Un total de 137 firmas ampliaron capital en xuño, un 9,87% máis en taxa interanual

"Todo está aberto"

Beiras defende un proceso de interlocución para unha fronte electoral ampla

Non descarta unha alianza con IU // Subliña que a fórmula con outras formacións sería a dunha "unidade de acción" electoral, pero que cada unha mantería o seu propio proxecto

A patronal galega, favorable ao rescate de España se as condicións son "asumibles"

Pide "que non sexan como as de Grecia e Portugal" // Subliña que Estados Unidos saíu do Crac do 29 cun investimento "importante" e cre que Europa "empeza a velo"

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS