Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 01.09.2014  | Actualizado 12.40

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

O 31% das mulleres con axudas por violencia de xénero en Galicia residen na provincia de A Coruña

A CORUÑA. EP  | 16.04.2012 
A- A+

O 31% das mulleres con axudas por violencia de xénero en Galicia residen na provincia de A Coruña, segundo manifestou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, na presentación dos datos da incidencia da violencia de xénero correspondente ao ano pasado.

En total, en 2011 houbo nesta provincia 490 mulleres con ordes de protección e medidas preventivas, do total de 1.348 comunicadas en Galicia; 94 perceptoras de axudas económicas; 331 persoas en programas de atención psicolóxica; 42 en cursos de autoprotección; 203 vítimas con sistemas de telelocalización e cinco agresores controlados con medios telemáticos.

Na presentación destes datos, Susana López Abella reiterou a necesidade de presentar denuncia para poñer en marcha os protocolos de protección. Ademais, fixo un chamamento ás vítimas para que teñan confianza en poder saír do círculo da violencia.

"As administracións temos recursos económicos e humanos e a infraestrutura de acollemento necesaria para axudar a superar a situación", sinalou durante a presentación dos datos, xunto á delegada territorial da Xunta en A Coruña, Belén do Campo.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS