Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Sábado 04.02.2012

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

NA MARXE ESQUERDA

Agora veñen a por nós

18.05.2010 

4.3/5 [7 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ALFREDO IGLESIAS DIÉGUEZ

O presidente Zapatero, finalmente, claudicou ante o gran capital, aceptando unhas medidas de axuste que afectan, directamente, ás clases traballa- doras:

- Primeira: a redución inmediata do 5 % do soldo dos empregos públicos neste ano en curso e a conxelación do salario a partir do ano que vén.

- Segunda: a suspensión da revalorización das pensións, agás as non contributivas e as mínimas, polo que as contributivas non se actualizarán en 2011 en relación ao IPC.

- Terceira: a supresión do cheque-bebé, a prestación de 2.500 euros por nacemento ou adopción dun fillo, que fora unha das medidas sociais estrela do goberno en 2007.

- Cuarta: a eliminación do carácter retroactivo das axudas á dependencia, que carga sobre a cidadanía a dilatación da xestión das axudas solicitadas.

- Quinta: os obstáculos establecidos para a xubilación parcial, que pecha as portas á posibilidade de crear emprego xuvenil e elimina un mecanismo empregado nas ERE para evitar o desemprego de persoas maiores que dificilmente atoparían un novo emprego.

- Sexta: a restrición de medicamentos, no canto de reducir os beneficios da industria farmacéutica.

- Sétima: os recortes no investimento público, que van frear o desenvolvemento económico.

A repercusión destas medidas é evidente: a redución do poder adquisitivo do funcionariado, que nos últimos vinte anos leva perdido arredor do 20% da súa capacidade adquisitiva, que se sumará ao incremento do IVE a partir do 1 de xullo de 2010, un imposto que grava por igual as clases podentes e as desfavorecidas. Ademais, nalgún momento aplicarán medidas moi queridas polo gran capital: o atraso da idade de xubilación, que repercutirá negativamente sobre as clases baixas de menor esperanza de vida e sobre a poboación xuvenil en busca de emprego, o copagamento polo uso de servizos sanitarios e farmacéuticos e a contrarreforma laboral, que facilitará o camiño ao despedimento libre e á precarización máis absoluta da clase traballadora.

O máis dramático, porén, é que estas medidas chegan despois da supresión do imposto de patrimonio, das rebaixas do imposto de sociedades, dos topes máximos no IRPF, das cotizacións sociais do empresariado...

Queren saír da crise? Precisan medidas eficaces? Búsquense onde están: aumenten os topes máximos do IRPF para as rendas máis altas; limiten os beneficios empresariais; persigan a fraude fiscal; supriman o réxime das SICAV e o FROB; reduzan o gasto militar; retiren as axudas e as exencións á Igrexa; eliminen as axudas a actividades empresariais de nula utilidade...

O goberno, que debería defender os intereses xerais do pobo en tanto que é o seu representante lexítimo, pasou de "gobernar para os débiles" a someterse aos intereses do gran capital, organizado en consellos de administración que escapan totalmente ao control democrático, e, agora, veñen a por nós, en sentido brechtián, claro. O obxectivo: concentrar a riqueza nas mans da gran burguesía e incrementar as desigualdades sociais, niso consiste o capitalismo, non nos enganemos.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS