Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

TRÁFICO

Alarma por un vehículo que circulou en sentido contrario pola AP-9 en Santiago

Todo apunta a que foi un descoido, xa que no vehículo ía un matrimonio de avanzada idade

EUROPA PRESS. SANTIAGO  | 30.05.2011 
A- A+

Un vehículo accedeu á autoestrada AP-9 en Santiago de Compostela en sentido contrario, pero non causou incidentes ó saír da vía pouco despois.

Ás 11.57 horas un particular avisou o 112 de que vira a un vehículo vermello que circulaba en dirección contraria polo quilómetro 67 da AP-9 en dirección A Coruña pero por un carril sentido Pontevedra.

Segundo informou o servizo de emerxencias, o alertante indicoulle ó 112 que no turismo viaxaba un matrimonio de avanzada idade.

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) confirmou que o vehículo "debeu entrar e saír" pouco despois da autoestrada porque as cámaras do centro de xestión xa non observaron o coche en sentido contrario tras o aviso.

Ademais, a Garda Civil de Tráfico de Santiago confirmou que "non pasou nada" e que o turismo deixou o sentido contrario da autoestrada sen causar ningún incidente.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS