Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

ECONOMÍA

Amancio Ortega propón a Pablo Isla como novo presidente de Inditex

O magnate do téxtil anuncia que en xullo se inicia unha nova etapa que "será a combinación da mocidade e a experiencia"

EFE. MADRID  | 10.01.2011 
A- A+

O presidente e fundador de Inditex, Amancio Ortega, proporá na próxima xunta de accionistas, que se celebrará en xullo, o nomeamento de Pablo Isla, actual vicepresidente e conselleiro delegado, como o seu sucesor na presidencia da empresa, informou hoxe o grupo téxtil.

Ortega, que é o accionista maioritario co 59,23% das accións do grupo, enviou unha carta a todos os empregados de Inditex na cal expón o nomeamento de Isla e explica que seguirá na empresa e no Consello de Administración.

Fontes de Inditex sinalaron que Isla continuará como conselleiro delegado do grupo téxtil.

Amancio Ortega sinala na carta que co nomeamento de Isla como presidente na próxima Xunta Xeral iníciase unha nova etapa que "será a combinación da mocidade e a experiencia".

O actual presidente de Inditex sinala que propón a Isla coa tranquilidade e seguridade de que "é o mellor para o futuro da compañía".

Recórdalles Amancio Ortega ós empregados que cando Inditex saíu a Bolsa no ano 2001 dirixiuse tamén ós traballadores para comezar unha etapa que aseguraba o futuro e a continuidade do grupo.

Agrega que a empresa é hoxe máis forte e conta cunha organización profesional asentada nunha estrutura corporativa consolidada.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS