Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 30.08.2014  | Actualizado 18.15

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

O BNG de Ames califica o abandono dos concelleiros como un "acto de transfuguismo político"

SANTIAGO.RO  | 07.03.2012 
A- A+

O Bloque Nacionalista Galego de Ames decidiu convocar unha asemblea para que os militantes elixan o novo Consello Local e o responsable e vicerresponsable da localidade. Segundo explica o BNG nun comunicado, na xuntanza "completarase o proceso derivado da XIII Asemblea Nacional, logo de ter elixido xa representantes nacionais e comarcais".

Ademais, na asemblea, composta por 50 militantes, logo das renuncias feitas públicas, debaterase sobre a situación política en Ames. O BNG da localidade considera que "o recente abandono desta formación política dos concelleiros electos logo de integraren a lista do BNG nas últimas eleccións municipais, mais coa intención manifesta de manteren a súa condición de membros na corporación municipal, constitúe un acto de transfuguismo político en toda regra".

 Segundo explica a formación nacionalista "a dirección do BNG xa solicitou a devolución das actas de concelleiro, e no caso de que non se produza dita entrega, procederá a comunicar esta circunstancia ao concello de Ames, aos efectos de adecuar o seu estatus na corporación municipal".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS