![]() Dende a esauerda, Gayoso, Feijóo e Varela
FOTO: Efe |
Caixa Galicia e Caixanova asinaron este luns a escritura pública de constitución como unha única entidade, que comezará a operar o mércores, co obxectivo de "seguir sendo unha caixa de aforros", manter o "compromiso co tecido empresarial" galego e facer de Galicia "a primeira potencia en tecnoloxía e eficacia financeira".
Así o afirmaron os que serán os copresidentes da nova caixa, Mauro Varela e Xullo Fernández Gayoso -este último exercerá no primeiro ano e medio de transición os labores de presidencia- tras asinar ante notario a escritura de constitución, nun acto presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou que, con esta integración, Galicia "aproveitou a súa maior oportunidade".
Á cita, na que tanto Varela como Fernández Gayoso deron un "recordo" a José Luis Méndez, que saíu do organigrama directivo coa fusión e preside agora a Fundación Caixa Galicia, non acudiron representantes do BNG, da CIG -que non apoiou o pacto laboral- nin do Concello de Vigo, cuxo alcalde, Abel Caballero, opúxose á unión das dúas caixas.
"Fainos -a fusión- máis grandes. Nace unha entidade financeira como nunca antes tivo Galicia", salientou Gayoso no seu discurso, despois de que Mauro Varela sinalase que "a verdade" é que se atopan "preocupados" pola situación da economía. En calquera caso, destacou que isto anima ó equipo directivo a "xestionar o proxecto".
