Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 06.12.2019 Actualizado 13:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

O Carballiño rende homenaxe a Celso Emilio Ferreiro coa cuarta edición da 'Festa dá Palabra'

O conselleiro Vázquez Abad, con Mñendez Ferrín e Tosar na IV Festa da Palabra dedicada a Celso Emilio Ferreiro celebrada na Insua dos Poetas, O Carballiño
O conselleiro Vázquez Abad, con Mñendez Ferrín e Tosar na IV Festa da Palabra dedicada a Celso Emilio Ferreiro celebrada na Insua dos Poetas, O Carballiño

SANTIAGO. EP  | 29.07.2012 
A- A+

A localidade ourensana de O Carballiño acolleu a celebración da 'IV Festa dá Palabra', onde se rendeu homenaxe ao poeta galego Celso Emilio Ferreiro, nun ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento e o medio século da publicación do seu poemario 'Longa noite de pedra'.

Premios Sete Carballas

Nesta edición da Festa da Palabra tamén tivo lugar a entrega dos segundos Premios Sete Carballas, e deñuse a coñecer a escultura asinada por Manuel Penín ‘Irmaus’, que pasa a formar parte do escenario da Insua dos Poetas, no Carballiño, o cal xa constitúe un lugar de referencia para as letras galegas. Trátase dunha obra na que o escultor ourensán fai unha alegoría do poema 'Irmaus' que o poeta publicou no libro Longa noite de pedra e que pasar por ser, sen lugar a dúbidas, un dos máis coñecidos do vate de Celanova.


Xunto ao conselleiro de Cultura estiveron os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García respectivamente; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o académico numerario Xesús Alonso Montero; e o biógrafo de Celso Emilio Ferreiro, Ramón Nicolás, participaron neste evento literario que organiza anualmente a Fundación Insua dos Poetas e que está presidida por Luís González Tosar.

Cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

A Fundación Insua dos Poetas, promovida polo presidente do Centro PEN-Galicia, dedicaralle a cuarta Festa da Palabra a Celso Emilio Ferreiro, no ano en que se conmemora o centenario do nacemento do autor e o medio século da publicación de Longa noite de pedra. Esta actividade programada cada ano no mes de xullo quere favorecer o diálogo entre a literatura e as diferentes artes ou calquera outra actividade que favoreza a liberdade creativa.

A obra máis coñecida do poeta de Celanova, Longa noite de pedra, cuxa primeira edición data de 1962, desbordou o ámbito lingüístico do galego para converterse nas décadas dos sesenta e setenta do pasado século nun referente da lírica máis comprometida, implicada na denuncia da orde social imperante e na busca dunha nova realidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS