Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 20.05.2019 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

FIESTRA ABERTA

Cartas

MANUEL CENDÁN   | 17.11.2010 
A- A+

Cando digo que o escritor ferrolán José Torregrosa ten cousas en común con Antonio Gramsci, non pretendo comparalo co gran pensador da esquerda europea. Máis, si afirmar ese vínculo que os une; ambos estiveron nos cárceres fascistas e ambos escribiron as súas respectivas Cartas dende alí.

Explícome. O amigo Torregrosa este verán revisando vellos papeis atopou unha carpeta do seu pai. Dentro estaban as cartas que el mesmo lle escribía á súa familia dende o cárcere da Coruña. José Torregrosa foi procesado por mor dun feito histórico fundamental para a Historia de Galicia: a represión franquista do 10 de marzo de 1972 en Ferrol. Lembremos que a ría ferrolá, xunto con Euskadi, Navarra, as áreas industriais de Barcelona e Madrid e o campo cordobés eran as zonas onde había unha maior oposición organizada á Ditadura.

Estas cartas reflicten unha aposta pola dignidade e a vontade de manter a resistencia democrática. Son cartas escritas ás veces con ironía ou humor e ás veces coa enteireza necesaria fronte ás adversidades, que por unha banda pretende animar a propia familia, e pola outra, son testemuña directa da vida dos presos políticos antifranquistas. As Cartas dende o meu cárcere acabarán sendo un interesante libro promovido pola Asociación Fuco Buxán, á espera dos prazos sempre necesarios.

Este amigo que se acaba de xubilar como profesor de inglés -a represión franquista expulsouno da súa profesión periodística- leva toda a vida comprometido coa causa da esquerda, da cultura e da cidade de Ferrol. Director da revista Razón Socialista; coñecido blogueiro e directivo da antes mencionada asociación cultural..

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS