Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 09.12.2019 Actualizado 13:50
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

fiestra aberta

Converxencia Cidadá

MANUEL CENDÁN   | 10.02.2011 
A- A+

A falta de respostas e de capacidade de provocar cambios, que padece o conxunto da esquerda, tanto política como sindical, deixa os cidadáns, tanto á clase traballadora como á media, practicamente indefensos ante os ataques dos neoliberais aos dereitos sociais e ao propio sistema democrático.

Nin a reforma laboral nin as das pensións lles parece suficientes a aqueles que produciron esta crise, e que agora pretenden afundir máis o nivel de vida das persoas, para así seguir facendo lucrativos negocios. Tamén é evidente que aqueles que se empeñan en seguir as directrices da dereita, hexemónica na UE -que á fin só seguen as consignas dos bancos alemáns e franceses, depositarios da maioría da débeda produto da especulación- están a desmobilizar unha parte importante da súa sociedade, aínda que as situacións de retroceso social son cada vez máis extensas e evidentes.

Todo isto dálles un protagonismo singular aos movementos sociais e a aqueles que están máis comprometidos na defensa da democracia social. No Auditorio Marcelino Camacho de Madrid o vindeiro 19 de febreiro, diversas personalidades da esquerda e asociacións do conxunto do Estado, debaterán o constituír as inicialmente chamadas Mesas de Converxencia Cidadá; entre os promotores galegos están Xosé Manuel Beiras e o ferrolán Rafael Pillado Lista.

Esta é unha iniciativa da sociedade civil ante a profundidade da crise económica e social que padecemos. Pretende ser un foro de propostas e de acción conxunta a prol dunha saída progresista á crise, e de reforzo de propostas dende a esquerda e de apoio ao movemento sindical; dende unha programa anti-neoliberal de mínimos e co obxectivo de estenderse ao conxunto de cidades e vilas..

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS