Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 01.43

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

CADERNO ABERTO

Democracia e mercados

09.06.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Como ben di o profesor Hernández Vigueras, cando hoxe se fala de mercados estase a falar das Bolsas e da banca financeira: "dos chamados investidores, aos cales teñen que acudir os Gobernos para obteren os préstamos necesarios para cubrir o déficit de ingresos públicos provocado polas axudas a eses bancos e a unha economía escachifada pola crise deses mesmos mercados". Cousas veremos. "Os rescatadores son reféns dos rescatados". E os cidadáns -aqueles máis informados e resistentes á alienación ao uso- abraiados, estupefactos. Porque os grandes poderes económicos e especuladores -e isto roza a náusea- sitúanse por riba dos Gobernos democráticos e impoñen con absoluta frivolidade e en beneficio único de si mesmos os seus criterios políticos. Ten razón Felipe González -nisto si, verdadeiramente, ten razón- cando di que hai que alertar ás sociedades europeas sobre o excesivo poder que ten no noso vello continente o "complexo financeiro". Como di Simon Johnson no seu ensaio titulado O golpe (de Estado) tranquilo, referíndose neste caso aos Estados Unidos, "os bancos de Wall Street son a oligarquía da nova América, un grupo que gaña poder político por razón do seu poder económico e logo utiliza ese poder político para o seu propio beneficio". Así de claro. E en Europa tamén. Xa no ano 1997 -lembrábao hai pouco Carlos Berzosa- Ignacio Ramonet titulaba un seu artigo Desarmar os mercados financeiros, no que dicía, entre outras cousas, que o desarmamento e do poder financeiro debería converterse nun "interese cívico de primeira magnitude", se se quere evitar que o mundo do próximo século "se transforme nunha selva onde os depredadores impoñan a súa lei". As palabras de Ignacio Ramonet, sen dúbida, foron proféticas. Os depredadores, altamente organizados, están aquí. E con todas as súas armas na man atacan a democracia. O capitalismo financeiro é destrutivo e desestabilizador, e trata, como os vellos señores feudais, de impor a súa tiranía rendista, pura ditadura financeira, banqueira e bananeira.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS