Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 16.09.2019 Actualizado 18:18
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

TERRORISMO

ETA declara un cesamento do fogo "permanente, xeral e verificable"

No comunicado, datado o 8 de xaneiro, ETA di que o "proceso democrático" para o final da violencia debe resolver o "núcleo do conflito"

EFE. BILBAO  | 10.01.2011 
A- A+

A organización terrorista ETA declarou hoxe, nun comunicado difundido a través do diario Gara, un cesamento do fogo permanente, de "carácter xeral" e "verificable internacionalmente", como "compromiso firme" cun "proceso de solución definitivo e co final da confrontación armada".

No comunicado, datado o 8 de xaneiro, ETA di que o "proceso democrático" para o final da violencia debe resolver o "núcleo do conflito", que volve situar nas "claves da territorialidadE e o dereito de autodeterminación".

A organización terrorista afirma que "coincide" coas declaracións de Bruxelas, formulada por un grupo de mediadores internacionais, e de Gernika, subscrita por EA, a esquerda abertzale e Aralar, nas que se reclamaba un cesamento do fogo unilateral, permanente e verificable internacionalmente.

Vídeo

  • ETA anuncia un "un alto el fuego permanente, general y verificable"
Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS