Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.11.2019 Actualizado 23:31
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

O Exército despregará un segundo avión de extinción de incendios en Galicia

A eles sumarase un terceiro en setembro, xa que "está demostrado que ultimamente o perigo de lumes" na nosa rexión "vaise demorando máis no tempo"

Na imaxe, un dos avións de extinción de incendios o martes 13 de agosto en Lavacolla. - FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ
Na imaxe, un dos avións de extinción de incendios o martes 13 de agosto en Lavacolla. - FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ

SANTIAGO. EFE  | 14.08.2019 
A- A+

O Exército do Aire despregará o vindeiro xoves un segundo avión de extinción de incendios forestais con outras dúas tripulacións no aeródromo militar de Santiago de Compostela para reforzar a cobertura en Galicia.

Así o indicou a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, nunha conferencia de prensa e sinalou que en setembro tamén se incorporará un terceiro avión, xa que "está demostrado que ultimamente o perigo de incendios" nesta Comunidade autónoma "vaise demorando máis no tempo".

Por iso, "hai que estar alerta entre finais de verán e principios de outono", apuntou López Riobóo no aeródromo da capital galega. 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS