Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 01.43

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

no medio do ambiente

Ézaro ten auga

17.04.2011 

4.9/5 [9 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

BIEITO G. CARRIL

Xallas volve desembocar no Océano Atlántico. Até agora facíao a tempo parcial, cando a empresa Ferroatlántica "abría a billa" da presa de Santa Uxía domingos e festivos para goce de turistas de fin de semana. Salvo neses momentos, a auga do Xallas acababa no mar soamente a través de canalizacións artificiais que alimentan as turbinas de produción de enerxía eléctrica.

Neste primeiros días da boa noticia, o Xallas leva xa arredor do 10 do volume de auga medio anual, é o denominado caudal ecolóxico que impón a Lei pero que Ferroatlántica viña incumprindo dende hai anos, coa complicidade da Xunta de Galicia do ano 2002 que a eximía do mantemento dese mínimo de auga. Denuncias ecoloxistas, nomeadamente lideradas por un equipo xurídico de gran capacidade como o da Asociación Ríos con Vida, ás que se veñen sumar movementos da fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fixeron que a Xunta puxera fin, o pasado día 8, a case unha década mantendo unha vergoñenta postura de consentimento. Só a convicción de que o proceso se vai xudicializar en extremo (o entón director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental está denunciado pola fiscalía) parece estar detrás dunha decisión longamente aprazada: restituír a legalidade. Queda agora por ver o resultado final desta "batalla". O proceso xudicial continúa e non sería estraño que, en todo ou en parte, acabase por declararse a caducidade das concesións e aproveitamentos hidroeléctricos (encoros e minicentrais) de Ferroatlántica no Xallas por incumprimento das obrigas de mantemento do caudal ecolóxico, orixe de auténticas desfeitas ambientais como as mortandades masivas de peixe por desecación da presa da Fervenza, só por manter chea a presa de Santa Uxía e seguir producindo electricidade. A sentenza deste último caso está a punto de ver a luz, tódolos indicios apuntan a que terá moito de exemplarizante e con severas consecuencias para a empresa e os responsables, por acción ou consentimento, da comisión dun (por agora) presunto delito ecolóxico. As empresas de Villar Mir en Galicia acumulan xa demasiadas denuncias por contaminación e impacto sobre o medio natural. ¿A súa maxestade o Rei tería en conta estes méritos cando hai uns meses o incorporou á nobreza española?

1,4 quilómetros de río volven ter vida. Canto ás responsabilidades, o tempo e os xuíces o dirán..

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS