Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

A fin de semana sáldase en Galicia con 2 mortos en 55 accidentes de tráfico

O 061 asistiu entre as 15.00 horas do venres e as 23.59 do domingo a un total de 80 persoas

SANTIAGO. EUROPA PRESS  | 16.08.2019 
A- A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 80 persoas debido a 55 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas, das que dúas morreron.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 16 de agosto e as 23,59 horas deste domingo un total de 62 chamadas en relación con sinistros na rede viaria galega. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo, con 23.

Os recursos mobilizados polo 061 ascenderon a 79. En concreto, as ambulancias realizaron 70 saídas; o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en sete sinistros.

En 70 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes; en oito ocasiones recibiron atención no lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.

A proporción de homes atendida situouse no 53 por cento e a de mulleres no 47%. En canto ás idades dos feridos, o 38% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

A Coruña foi a provincia que rexistrou máis accidentes, con 23, durante os desprazamentos da fin de semana; seguida de Pontevedra, con 19; Ourense, con sete; e Lugo, con seis.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS