Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Galicia rexistra 29 afogados en espazos acuáticos no que vai de 2019

Son dous menos que no mesmo período de 2018 // A nivel estatal as mortes por esta causa eleváronse un 20,72%, ata as 268

Foto de arquivo dun areal acoutado tras rexistrarse un  afogamento. - FOTO: EFE
Foto de arquivo dun areal acoutado tras rexistrarse un afogamento. - FOTO: EFE

SANTIAGO. EUROPA PRESS  | 16.08.2019 
A- A+

As mortes por afogamento nos espazos acuáticos españois aumentaron un 20,72 por cento entre o 1 de xaneiro e o 15 de agosto deste ano en relación co mesmo período de 2018, ao rexistrarse 46 falecementos máis, até alcanzar as 268 mortes por esta causa no que vai de ano, segundo o Informe Nacional de Ahogamientos da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (RFESS). Galicia rexistra 29 afogados en espazos acuáticos no que vai de 2019, dous menos que hai un ano.

Así, o dato de 2019, entre o 1 de xaneiro e o 15 de agosto, sitúase en España como o terceiro peor do quinquenio que leva elaborando esta estatística por parte da RFESS. Só os dous peores anos deste período (2017, que acabou con 481 mortes; e 2016, que finalizou con 437), superaron os datos que se deron esta anualidade, con 341 e 296 falecidos a 15 de agosto, respectivamente.

Segundo a RFESS, o aumento no que vai de ano se justifica no "forte repunte" que supuxeron as 95 mortes do mes de xullo, así como ao feito de que en 2018 "as condicións meteorolóxicas desfavorables atrasaron o uso dos espazos acuáticos e, en consecuencia, rebaixaron a exposición das persoas aos perigos dos mesmos".

No primeiros quince días de agosto deste ano producíronse 35 falecementos, un menos que na primeira quincena do mesmo mes de 2018. Así, 2019 iguala o segundo peor ano; 2017 está un por baixo do peor, que foi o pasado 2018; e cinco por encima das outras dúas anualidades estudadas, 2015 e 2016, en que se deron trinta perdas de vidas humanas en cada caso.

Nove comunidades autónomas diminúen ou igualan a 15 de agosto o número de falecementos por afogamento respecto da mesma data do ano anterior: Melilla, que non ten rexistrada ningunha morte; e País Vasco, que leva as mesmas once; Ceuta, que non ten ningunha cando entón levaba unha; Navarra, con dúas, o que supón unha menos; Galicia, con 29 e Comunidade de Madrid con catro, que levan dous menos en cada caso; Castila-A Mancha, con catro, tres menos; Canarias, con 26 falecidos, catro menos; e Illas Baleares, que con nove falecidos rebaixou en once o vinte mortes que tiña contabilizadas hai un ano.

Os outros dez territorios autonómicos españois aumentan as súas cifras de falecidos por ahogamiento: Comunidade Valenciana, que pasa de 22 falecidos en 2018 a 37 este ano, quince máis; Castela e León, de 8 a 21, trece máis; e Cantabria, de 4 a 15, once máis. Pola súa banda, tamén aumentan Rexión de Murcia, de 6 a 13, sete máis; e Cataluña, que tamén aumenta nesta cifra ao alcanzar os 32 afogados fronte aos 25 do mesmo período do ano anterior. Con catro falecidos máis que agora hai un ano aparecen Aragón (de 7 a 11) e A Rioxa (de 1 a 5). Con tres máis están Andalucía (de 29 a 32), Asturias (de 9 a 12) e Estremadura (de 2 a 5).

O perfil da persona afogada no que vai de agosto é o dun home (86%), de nacionalidade española (83%), que falece durante o uso dunha praia (54%) ou, en calquera caso, dun espazo acuático non vixiado (60%). Ademais, ten 45 ou máis anos (69,8%) e o incidente ten lugar entre as 10 e as 20 horas (75,4%).

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS