Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 01.43

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

Porta de palla

Goberno do FMI?

04.06.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ MANUEL RIVAS TROITIÑO

Algúns falan e escriben sobre o club Bilderberg como un goberno mundial na sombra, igual que antes se falou da Trilateral. Franco tíñaa tomada cos xudeumasónicos e algún dos meus amigos defende con ardor o poder da masonería na política actual, aínda que tamén acusa o Opus. Un famoso cóengo de Santiago sempre dicía cherchez a femme, como causa de todos os males. Como non pertenzo a ningún dos colectivos citados, non podo asegurar que non sexa certo que conspiren sós ou en compañía.

Pero, dende que a razón e a ciencia asumiron a explicación da sociedade, o home e a natureza, parece máis conveniente buscar interpretacións máis equilibradas. Sen esquecer que os medios, e algúns científicos, e algunhas institucións poden ter -e teñen- a tentación de ocultar datos ou magnificar outros para enganarnos moito ou pouco.

Por iso, síntome abraiado cando escoito e leo dar por feito que os decretazos de Zapatero veñen impostos por gobernos na sombra, xa sen disimulo. Na América hispana, o embaixador de Estados Unidos é recoñecido como un poder fáctico, aínda que non sexan colonias. E agora aquí damos por feito que o FMI, Merkel, Sarkozy (sós, non, en compañía de todo o directorio europeo) e Obama chamaron ao presidente do goberno español e, cal se fósemos colonia, nin sequera como a autoridade autonómica, déronlle ordes que el se prestou a cumprir.

Probablemente non sexa tempo de líderes. A sobreexposición mediática retrata permanentemente os dirixentes, como antes non había home grande para o axuda de cámara. Pero se os poderes fácticos internacionais deciden sobre nós como antes o facían os Tratados logo das guerras, ou se explica -con inequívoca claridade- ou se dimite. Cando se actúa en contra de todo o prometido, o decente non é esperar á seguinte elección senón anunciar data para irse.

E se vale para o presidente do goberno, o mesmo para outros autonómicos, que se escudan nos resultados das urnas e se esquecen de que non só o César senón ata a muller do César deben estar libres de sospeita. E os líderes sindicais e patronais que non chegan a un acordo, que sempre será mellor que unha imposición. E, por suposto, os maxistrados do Constitucional que acabaron o seu mandato e tampouco son capaces de ditar unha sentenza.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS