Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 00.16

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

profundo malestar no sector

Golpe á pesca galega coa expulsión de 21 barcos cefalopodeiros de Mauritania

Eliminadas as 24 licenzas das que a maior parte (21) eran buques galegos que empregaban a unha media de 15 persoas por barco // O sector advirte da repercusión "en cadea"

SANTIAGO. EP  | 27.07.2012 
A- A+

O sector pesqueiro galego advirte da repercusión "en cadea" que vai ter sobre a economía de Galicia a expulsión da vintena de buques cefalopoderos que faenaban en augas de Mauritania, tras a sinatura dun novo acordo entre a Unión Europea e o Goberno daquel país.

Baseándose neste acordo, que substitúe ao que expiraba o 31 de xullo e foi rubricado este xoves, a flota cefalopodera --que dispoñía de 24 licenzas, a maior parte (21) utilizadas por galegos-- queda fóra das posibilidades de pesca e tampouco ten alternativa noutros caladoiros. Os barcos galegos empregaban a unha media de 15 persoas, segundo estimacións do sector.

Ademais, os representantes da flota que traballa en Mauritaina critican o aumento dos canons a pagar por parte de merluceros e marisqueros --entre os primeiros hai elevada presenza galega e en canto aos últimos, na súa maioría son andaluces--.

O xerente da Asociación de Armadores de Marín, Francisco Teijeira, destaca en declaracións a Europa Press que "non se entende" un acordo que deixa fóra os barcos que se dedican á captura de polbo, pois o stock deste recurso "non está en malas condicións".

"Non ten ningún matiz científico. Será por un motivo comercial e favorece aos intereses de terceiros", reproba, antes de avisar das consecuencias que terá en toda a cadea de comercialización de cefalópodos, así como para o consumidor, ao que dá por "seguro" que terá que asumir un aumento no prezo do produto.

"MOITAS MENOS POSIBILIDADES PARA TODOS"

Aínda que Teijeira apela a esperar a que se coñeza en profundidade o protocolo asinado este xoves --critica "falta de coordinación" nas negociacións--, reprocha á UE que alcanzase un acordo que establece "menos posibilidades de pesca, moitas menos, para todos os segmentos".

Ve "intolerable" que quedara excluída a flota que pesca cefalópodos pero tamén observa "inasumible" o incremento dos canons ás embarcacións que capturan pescada en augas mauritanas. Ademais, augura que en lugar de facilitar a actividade pesqueira, o novo acordo "complicárona" e "vanse aumentar os controis en porto".

"DECEPCIONANTE E INVIABLE ECONOMICAMENTE"

Pola súa banda, a Confederación Española de Pesca considera "moi decepcionante e inviable economicamente" o acordo, despois de que unha ampla delegación española, composta polo secretario xeral de Cepesca e representantes das organizacións pesqueiras Anacef, Anamar e Asociación de Armadores de Marín permanecese durante toda a semana na capital mauritana seguindo a sétima rolda de negociacións.

"Non podemos entender como o acordo pesqueiro máis caro dos que mantén a UE con terceiros países discrimina de este xeito a segmentos de flota que non teñen alternativa noutras augas e establece condicións técnicas e económicas que fan inviable o seu aproveitamento, a pesar de que as especies obxectivo se atopan en xeral en bo estado", recalcou o responsable de Cepesca, Javier Garat.

Bruxelas pagará 70 millóns de euros anuais ata 2014 polo protocolo con Mauritania "sen que a penas poidan pescar os españois", critica. Segundo Cepesca, o Consello e o Parlamento Europeo deberían rexeitar este "vergonzoso acordo" asinado pola Comisión Europea.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS