Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 01.43

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

CADERNO ABERTO

Imposición do inglés

18.05.2011 

4.9/5 [30 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Imponse o inglés por aquí e acolá, na publicidade, no comercio, na economía, na empresa, na ciencia, na música lixeira, na política, na internet, na linguaxe diaria... Eu lembro un estudo realizado hai varios anos polo British Council que concluía que arredor de 2.000 millóns de persoas ían estudar o idioma inglés no horizonte dunha década, no camiño de se converter así en idioma global ou lingua franca da era moderna. Segundo datos fornecidos polo Consello Británico, na actualidade un terzo dos libros que se publican no mundo ven a luz en inglés e o 75% da bibliografía científica tamén está na lingua de Shakespeare. Como ben lembra Simon Kuper, o inglés comezou a se impor no ámbito internacional ao menos dende o ano 1919, cando o Tratado de Versalles se redactou en inglés ademais de en francés, e hoxe mesmo, co que ten chovido, a lingua de Winston Churchill é utilizada a miúdo -así tamén o lembraba José Saramago- como instrumento de dominación. ¿Acaso Disney non prohibiu no seu día para América Latina que os seus personaxes recibisen os nomes en castelán? O certo é que na actualidade, seguindo ao escritor Julio Llamazares, o cidadán español medio, moi moderno el, consome no canto de biscoito plum-cake, obtén tickets, merca compacts, usa slips, cursa masters, fai zapping, aparca no parking, come bacon, bebe bitter, practica squash, vai ao pub, usa crema after-shave e almorza corn-flakes. ¿Ou non é así? Fíxense vostedes, no denominado Festival de Eurovisión (Eurovision Song Contest) -pura mediocridade cancioneiril- a maioría dos países europeos presentan cancións en inglés, e no último festival celebrado cantaron en inglés Bulgaria, Grecia, Suecia, Dinamarca, Alemaña e Austria, entre outros países. Dende os romanos sábese ben que a lingua é compañeira do imperio, e talvez por iso o 90 por cento dos alumnos franceses fala cada vez mellor o inglés e peor o francés, e talvez por iso nas xuntanzas dos dirixentes das grandes empresas francesas se fala cada vez máis en inglés..

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS