Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 08.12.2016 Actualizado 13:17
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Inaugurado o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte en Corme, Ponteceso

SANTIAGO. EP  | 07.04.2012 
A- A+

Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, en Corme

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu este sábado á inauguración, en representación da Consellería de Cultura e Educación, do Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte, situado en Corme, no municipio coruñés de Ponteceso.

O museo foi promovido pola Fundación Torre-Pujales, que preside a viúva do pintor Xullo Pujales, e contou coa colaboración da Consellería de Cultura para o acondicionamento da sede, a través da convocatoria de subvencións para equipamentos culturais.

O Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte acolle a práctica totalidade da obra do pintor Xullo Pujales. Tamén reúne unha extensa colección de pinturas, esculturas e fotografías.

Entre os artistas que se inclúen na colección, Cultura destacou nomes como o de Alfonso Abelenda, Antonio Saura, Colmeiro, Eduardo Arroyo, Laxeiro ou Jorge Peteiro. A oferta artística irase completando a través das creacións de artistas plásticos de nivel internacional que gozan das bolsas de formación concedidas pola fundación.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS