Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Investigan unha agresión sexual a unha menor nun iate en Sanxenxo

A vítima presentou denuncia o venres pasado ante axentes da Garda Civil // Foi detido un mozo de Pontevedra de 20 anos de idade, que tras prestar declaración foi posto en liberdade en calidade de investigado

Vista xenérica das instalacións do porto de Sanxenxo - FOTO: G.
Vista xenérica das instalacións do porto de Sanxenxo - FOTO: G.

SANTIAGO. E.P./REDACCIÓN   | 21.08.2019 
A- A+

A Garda Civil investiga a un mozo de 20 anos de idade, que foi detido como presunto autor dunha agresión sexual a unha menor en Sanxenxo (Pontevedra).

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos investigados sucederon a pasada fin de semana, e foron denunciados pola moza, de 17 anos de idade.

Os abusos denunciados supostamente sucederon no interior dunha embarcación atracada no porto, á que accederon o mozo e a moza e cuxo propietario é alleo aos feitos (non autorizou aos mozos para meterse no barco).

A menor denunciou que fora vítima dunha agresión sexual e, tras tomarlle declaración, a Garda Civil detivo ao suposto autor dos feitos, un mozo de Pontevedra, de 20 anos de idade.

O mozo foi posto ao dispor do xulgado de Cambados, que decretou a súa posta en liberdade en calidade de investigado, como presunto autor dun delito contra a liberdade sexual da menor, segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así mesmo, estableceu a medida de comparecencias quincenais nos xulgados, e a prohibición de achegarse ou comunicarse coa moza.

OUTRA PRESUNTA AGRESIÓN

Segundo diversas fontes, a esta denuncia sumaríase outra presunta agresión unha semana antes. Neste caso unha moza tería acudido á embarcación acompañada dun home que tentaría excederse con ela e ante a negativa desta a manter relacións sexuais, o home -sempre segundo a versión da moza- golpeouna varias veces na cara e tirouna pola borda do iate ao pantalán.

A muller agredida -sempre segundo fontes extraoficiais- achegouse aos vixiantes do porto para denunciar os feitos, que lle terían recomendado acudir ante a Garda Civil para explicar o sucedido e interpoñer denuncia se así o consideraba oportuno. As mesmas fontes apuntan que a Benemérita ten constancia destes posibles feitos, aínda que este diario non puido saber se neste caso houbo denuncia ou non.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS